Campo da Angustia: Brais, Gusy, Parajó (Pablo 56), Church, Rivera, Marcos, Soci, Sito, Chema, Santi e Jose.
Bodegón Arzúa: Luis, Jose Antonio (Joaquín 70), Enmanuel (Francisco 75), Jose Luis, Rubén, Moises, Juan Francisco (Serafín 70), Fernando (Cristian 75), Alberto e Antonio Jesús
Árbitro: Jose Manuel González Laiño. Amonestou polos visitantes a Jose Antonio por Agarrar a un contrario, e a Juan Francisco e a Jonathan por Infringir persistentemente as reglas do xogo. Polos nosos amonestou a Parajó por Agarrar a un contrario.
Partido disputado as 9 da noite no campo de Santa Isabel, nunha noite fría e con moitísimas baixas q nos deixou co menor número de efectivos da tempada, tan só 12 xogadores. A pesar de todo isto e durante a primeira metade, hai que resaltar a clara diferencia entre a primeira e a segunda metade, o equipo deu a cara. Esperou no medio do campo consciente da falta de efectivos, xogando con 5 homes no medio do campo e con moitas axudas, gracias a todo isto as ocasións claras do rival foron moi escasas, e incluso nos puidemos adiantar no marcador cunha boa vaselina de Jose ante a saída do porteiro rival que lamentablemente se estrelou no longeiro, e sen moitos máis sobresaltos chegamos o descanso cun empate a cero contra o segundo clasificado.
A segunda parte plantexámola de maneira idéntica sendo capaces de aguantar o rival, ata que nunha xogada o árbitro pensou que xa aguantáramos demasiado, e logo dun centro raso no que o xogador que tenta o remate está en fora de xogo, en primeiro lugar non o pita e despois de que o rival fixese un control no que o balón lle da na man a Parajó claramente de forma involuntaria, non se lle ocorreu outra cousa que pitar penalty para encarrilarlle o partido o rival. Despois desde mazazo chegou enseguida e tralo saque de centro o segundo, e atopámonos así os 10 minutos da segunda metade con 2-0 abaixo, fora do partido e moi desgastados físicamente, así foi que os goles do rival fóronse sucedendo ata o escandaloso resultado final.