Campo da Angustia: Brais, Pablo (Gusy 47), Parajó (Jose 66), Church, Esteban, Moro, Miguel, Soci (Santi 61), Rivera, Jonathan (Chema 66) e Sito (Moreno 56).
San Marcos: Rubén, Adrián, Juan Luis, Lino (Antonio 61), Pablo, Martín, Daniel, Alejandro, Ignacio, Cristian (Daniel 75) e Jose (Adrian 56).
Goles: 0-1 Juan Luis, 0-2 Daniel e 1-2 Rivera.
Colexiado: José Vicente Fiel Torres. Amonestou polos visitantes a Alejandro no 70 por Zancadillear a un rival, a Adrián non 79 por Retrasar a posta en xogo do balón, a Antonio no 88 por Xogar o balón coa man e a Daniel no 89 por Protestar. Polos nosos amonestou a Church no 35 por Zancadillear a un rival e a Moro no 32 por Xogar o balón coa man.
Partido disputado no Campo de Bando en San Marcos, sendo o primeiro que nesta tempada xogábamos pola mañan. Aínda que nos enfrontábamos a un rival que estaba por debaixo de nos na clasificación, eramos conscientes da dificultade do encontro, visto o partido da primeira volta e sobre todo por xogar no seu campo, que seguramente sexa o máis pequeno de toda a liga e sendo de area, unha superficie a que non nos acabamos de acostumar. O partido comezou moi igualado con moitas imprecisións froito da presión de ambos equipos no campo rival, e a clara intención das defensas de non cometer erros atrás, polo que o xogo era pouco fluido con continuos paróns, ben polos saques de banda ou polas faltas. Mediada a primeira metade chegaron algunhas ocasións, primeiro para o rival, a destacar unha internada pola banda esquerda en suposto fora de xogo, que logo do centro e o remate foi rexeitado baixo a liña por Church que estivo moi atento, despois de pasar esta fase de apuros, viñemonos un pouco máis arriba, sobre todo cara o final do primeiro tempo, primeiro nunha falta botada por Sito que se perde rozando o pau sen quen ninguén a rematase, e logo nun remate de volea de Sito no segundo pau, que ía a porta pero que se topou con Soci. Sen moito máis que destacar chegamos o descanso a ceros.
Na segunda parte tiñamos que seguir igual, a ver se o rival ía acusando o cansanzo como así parecía o final do primeiro tempo. Os primeiros vinte minutos da segunda metade foron calcados os da primeira, con continuos paróns no xogo e sen ningunha xogada de perigo que destacar, pero unha vez trascorridos estos o xogo abreuse un pouco, pero víase claro que o primeiro que conseguise marcar íase levar o encontro. Logo de algunhas ocasións máis ou menos claras do rival, chegounos a nos a mellor do partido, un balón que Miguel é capaz de controlar na frontal da área que acaba en disparo, pero o porteiro rival nunha gran estirada é quen de desvialo o pau, unha magoa sobre todo porque pouco despois unha xogada similar sucedeu na nósa area, dispararon o pau pero a sorte voi distinta xa que o rexeite en vez de ir cara o corner foi cara o punto de penalty e alí un rival remachou. Faltaban uns 20 minutos e o partido poñíase moi costa arriba, o equipo notou o mazazo e baixou un pouco, e pouco despois froito disto chegou o segundo, nunha xogada por banda dereita que acaba en centro raso e na área pequena e empuxado o fondo da rede. Quedaban uns 10 minutos e xa parecía imposible, pero seguimos no noso empeño de poñer as cousas difíciles para que se levaran a victoria e no 88 un centro de Rivera é cortado coa man dentro da área por un rival, co conseguinte penalty que transformou o propio Rivera. Quedaban uns 3 minutos e tivemos o empate nunha oportunidade na que Rivera logo de recibir un pase dentro da área e estando só, non supo se tirar ou controlar e o final o híbrido saíu desviado. Unha mágoa porque visto o visto o máis xusto seguramente houbese sido un empate.
Agora quédannos 3 partidos nos que só nos vale a victoria, para así apretar as cousas cos rivais que temos por enriba na táboa clasificatoria e tentar subir algún posto, aínda que o obxetivo de quedar décimos parece que está complicado logo das victorias do San Pedro ante Vista Alegre e Ruanova, dous resultados sorprendentes, pero si que podemos pasar o Noitebra que esta semana pinchou contra o Urban e témolo ahí preto.