Campo da Angustia: Brais, Gusy, Parajó, Church, Esteban, Joselu (Moreno 55), Moro, Soci (Sito 58), Rivera, Miguel e Jonathan (Santi 65)
Noitebra: Diego, Brais, Ricardo (Jorge 58), Miguel, José C., Ronnie (Rubén A. 46), Simón, Enrique, Agustín, Andrés (José R. 58) e Julio J.
Colexiado: Miguel A. Piñeiro Rial. Amonestou polos visistantes a Simón no 42 e Ricardo no 44 por protestar e a Jorge no 88 por Zancadillear a un contrario e expulsou o seu delegado no 33 por dobre amonestación, ambas por protestar. Polos nosos amonestou a Joselu no 51 por Agarrar a un contrario e a Brais no 60 por perder tempo e expulsou a Church no 88 por chamar a un rival "Payaso, túzaro de mierda".
Goles: 1-0 Jonathan e 2-0 Rivera.
Partido disputado á última hora do domingo (20:45) no Campo das Cancelas, que pensamos incluso en non disputar polas inclemencias do temporal, xa que cando saltamos o terreo de xogo e tras o que chovera o campo estaba cuberto por unha capa de auga. A pesar disto o encontro comezou e gracias a que non volveu a chover, o terreo de xogo pouco a pouco foi quedando en mellores condicións. Saltamos coa idea clara de que este partido era unha final, xa que levábamos dous meses sen gañar un partido e estábamos quedando moi rezagados na clasificación, tamén eramos conscientes de que sería moi difícil xogar o balón tal e como estaba o campo, e non nos quedaba outra que os balóns largos e non complicarse atrás. O partido como era lóxico non tiña demasiado ritmo nin moitas ocasións, ata mediada a primeira metade, ahí viñeron dous sustos consecutivos do rival, primeiro nun balón largo no que o seu dianteiro se queda só con Church, e no momento que pon o centro os compañeiro non chegaron ó remate, e logo nunha falta votada dende o medio do campo que como desgraciadamente tantas veces non somos quen de despexar, quedando dous rivais sós, pero que Brais despexa tras unha boa saída. Logo chegou o noso turno, primeiro Jonathan tras pase de Soci, plántase só na frontal fronte o porteiro e no seu intento de vaselina o balón vaise alto, e instantes despois a mesma xogada dende a outra banda, desta vez é Miguel quen intenta a vaselina, pero nesta ocasión o balón sae desviado. Logo de perdoar estas claras ocasións, chegou o gol, logo doutro pase de Soci a Jonathan en parecidas circunstancias a anterior ocasión, pero desta vez Jonathan pega raso e logo de superar o porteiro o balón entra chorando, establecendo así o 1 a 0. Daqui o remate da primeria metade pouco que salientar, xa que estivemos bastante seguros atrás sen pasar apuros e arriba apenas creamos perigo.
Chegamos o descanso conscientes de que na segunda metade tiñamos que dar máis, porque o rival ía intentar remontar, xa que son o 9º clasificado e non querrían perder contra nos. E neste caso, por fin, e logo de levar un resultado favorable o descanso como tantas veces, fomos quen de rentabilizalo, xa que os cinco minutos do segundo tempo e logo dunha gran xogada de Moro, Soci e Miguel na banda esquerda, este marcha ata a liña de fondo poñendo un centro que é aproveitado por Rivera para establecer de cabeza o 2 a 0. Esto supuxo un duro golpe para o rival, e sentou moi ben o noso equipo, conscientes de que se estábamos seguros atrás íamos ter máis opcións de ampliar a victoria nas contras gracias a nosa velocidade. A segunda metade foi transcorrendo con algunha que outra ocasión para os dous equipos, pero as máis claras sempre eran nosas, sobre todo un man a man de Miguel que logo de superar o porteiro o balón marcha a rentes do pau, e tamén algunha de Sito. O rival creou algo de perigo sobre todo cun centro a media altura que se lle escapa a Brais, pero que a porta valeira mandan fora, esta e un man a man xa na prolongación foron as mais salientables do rival, pero onte por fin fomos quen de deixar a porta a cero.
Partido moi completo en liñas xerais, que de non ser polos nosos numerosos erros na finalización suporía unha victoria máis amplia, todo esto ante o 9º clasificado que nos gañara na primeira volta. Inxección de ánimo moi importante e sobre todo necesaria despois dos últimos resultados, que nos fai ser conscientres de que facendo as cousas ben, daqui o final de liga temos que sair a puntuar en cada partido. Agora a pensar no San Lorenzo, o que na primeira volta goleamos, pero que esta vez non será tan sinxelo, de gañar encadearíamos a segunda victoria consecutiva e meteríamonos nese grupo de equipos que loitan pola metade da táboa.