Campo da Angustia: Brais, Gusy, Parajó (Pablo 70), Esteban, Church, Moreno, Grobas, Sito (Marcos 55), Rivera, Miguel (Santi 65) e Soci (Jose 60).
Velacruz: Jesús Pablo, Diego, Pablo, Javier, Pablo, Alberto, Luis Ángel, Evaristo, Daniel, Javier e Daniel.
Goles: 1-0 Rivera, 2-0 Sito.
Colexiado: Rubén Maquieira Otero. Amonestou polos visitantes a Daniel no 12 por Zancadillear a un contrario e a Alberto no 81 por Agarrar a un contrario. Polos nosos amonestou a Moreno no 15, Santi no 85 e Grobas no 86 por Zancadillear a un contrario e a Brais no 80 por Retrasar a posta en xogo do balón. Expulsou polos visitantes no 15 a Daniel por propinarlle un cabezazo a un adversario estando o xogo detido e despois de recorrer uns 15 metros para realizalo, e a Pablo no 36 por dirixirse de maneira violenta a un adversario nos seguintes termos "eres un auténtico imbécil" unhas dúas veces de maneira ameazante. Polos nosos expulsou a Esteban no 15 SUPOSTAMENTE por empuxar de forma violenta a un adeversario despois de ser obxecto de falta, formándose una pequena tangana, a Marcos no 63 por dirixirse de maneira violenta cara un adversario nos seguintes termos "eres un imbécil", e a Barreiro no 88 por dirixirse o colexiado nos seguintes termos "arbitro no me jodas no ves una".
Partido disputado a ultima hora da tarde-noite en Santa Isabel, como ven sendo habitual nos últimos encontros. Chegábamos logo dunha gran xeira, 4 victorias seguidas, pero enfrontábamosnos a un duro rival 5º na taboa e con moitos ex nas súas filas. A consigna era clara, aproveitar que viñamos facendo as cousas ben e intentar incrementar o número de victorias consecutivas. O rival presentouse cos 11 xustos e cun xogador de campo actuando de porteiro, sabíamos que tiñamos unha boa oportunidade de acadar un bo resultado, xa que a pesar das baixas fomos quen de xuntar a 15 xogadores. Saímos moi concentrados conscientes de que tiñamos que apretar moito en campo rival, e as ocasións foron chegando, e bastante claras, un cabezazo de Miguel nun córner e incluso algún man a man co porteiro, estábamos a ser claramente superirores, pero no minuto 15 logo dunha falta en contra fórmase un barullo e o final o árbitro toma o camiño máis fácil, é dicir, sacou duas vermellas un para un rival por darlle un cabezazo a Esteban e a este por poñer as mans para intentar evitalo, quedaba moito partido por diante e os dous quedábamos con 10, tivemos que recompoñero o equipo pasando Rivera o medio e quedando Sito como única referencia en punta. A pesar disto non nos descompuxemos e seguimos creando claras ocasións de gol, e así chegaron por fin, primeiro Sito aguanta o balón diante do defensa ata que se incorporou Rivera dende atrás rompendo calquera dúbida de fora de xogo, quedou só diante do porteiro e definiu ben, continuando a súa racha de 5 goles nos 5 partidos que leva xogados coma "dianteiro", e non tardou moito en chegar o segundo nunha xogada na que Sito logo de superar o porteiro co seu tiro dende dentro da área atopa cun defensa pero aínda que tropeza neste o balón acaba entrando. Poñíamonos cunha cómoda vantaxe pero aínda así seguimos apretanto, desbaratamos ocasións moi claras, entre elas un man a man de Grobas que o porteiro manda a corner, ou unha clara xogada que Soci pode finalizar pero da o pase a Miguel que remata o corpo do porteiro. Chegamos así o minuto 36 no que o rival se quedou con 9 xogadores, o partido tiñámolo de cara, e daque o final da primeira metade non houbo que salientar moito máis, xa que os achegamentos rivais eran parados ben pola defensa ou en última instancia por Brais.
No segundo tempo a consigna era volver apretar coma o principio para facer notar a superioridade numérica, e así chegou unha inmellorable opotunidade na que Sito se planta no man a man co porteiro, e no seu intento de vatilo de caño o balón vólvelle rexeitado, cede a Rivera que con toda a porteira valeira manda o balón fora. Fixemos o primeiro cambio, pasando a xogar Marcos no medio con Grobas e Rivera voltaba a punta do ataque, pero pouco durou, xa que os 8 minutos Marcos era expulsado quedando as forzas igualadas, recompuxemos o equipo despois de realizar en pouco tempo tódolos cambios xa que a Miguel saléuselle o ombreiro aínda que afortunadamente o pouco tempo de estar fora volveulle o sitio. Así unha vez feitos os cambios quedamos xogando con un 1-4-3-1, con Rivera por diante da defensa escoltado por Grovas e Jose e Santi en punta. Daqui o final pouco que salientar, como ven sendo habitual nos últimos encontros cedimos o balón o rival, o que nos supuxo defender moito tempo en campo propio, pero o equipo apenas pasou apuros salvo algunha xogada aislada.
O final mantemos a portería a cero por segunda vez na tempada, rebaixando así considerablemente os goles encaixados nos últimos encontros, o que está a ser clave nas victorias, xa que estamos marcando o mesmo número de goles. Conseguimos a QUINTA VICTORIA CONSECUTIVA o que nos permite seguir mirando cara arriva na clasificación e quedamos a 3 puntos de igualar a puntación da primeira volta, con 8 encontros por disputarse, moitos contra equipos da parte baixa. QUERO DESTACAR QUE BRAIS TEN UNHA PROMESA, SE CONSEGUIMOS GAÑAR O DOMINGO VAI RAPAR O PELO Ó 0!!!!!!!!!!!! Asique a por eles!!!!!!