Campo da Angustia: Brais, Gusy (Pablo 68), Marcos, Church, Joselu (Moreno 63), Moro, Sito (Miguel 52), Rivera, Soci (Santi 73) e Jose (Jonathan 55).
Zona Vella: David, Diego, Juan, Ismael, Miguel, Roberto, Rubén (Amador 63), Deivisson, Javier e Alberto.
Goles: 1-0 Sito, 2-0 Jonathan e 2-1 Diego.
Colexiado: Eusebio Rodríguez Rodríguez. Amonestou polos visitantes a Rubén no 87 por Protestar e a Juan no 89 por Agarrar a un contrario. Polos nosos amonestou a Marcos no 61 por perder tempo e a Brais no 87 por protestar, expulsou a Pablo no 86 por duas amarelas na mesma xogada supostamente por perder tempo.
Partido disputado as 5 da tarde no campo da Marrozos que se atopaba nun aceptable estado. Chegábamos logo de 2 victorias consecutivas nun bo momento de xogo, pero éramos conscientes da dificultade do encontro xa que nos enfrontábamos a un recén descendido que ocupa o sexto posto na táboa, e o que lle poidéramos empatar na primeira volta con moito sufrimento. O partido comezou moi igualado, pero sempre con maior sensación de perigo por parte do rival, en gran medida por que perdíamos demasiados balóns que nos costaba ter que defender moitas veces ca defensa descolocada, a pesar disto non pasamos demasiados apuros, xa que o rival apenas tivo ocasións claras de gol, por outro lado nos en ataque xerábamos perigo en algúns pases largos á espalda da defensa e nalgún roubo froito da presión en campo contrario, que nos permitía atacar ca súa defensa descolocada. Así foi trascorrendo a primeira metade ata que chegado o ecuador, un balón que lle chega na frontal da área a Soci, que cede para Sito quen logo de controlar engancha unha gran volea que nos daba a ventaxa no marcador, isto deunos tranquilidade afianzando a nosa idea de xogo, daqui o final da primeira metade creamos algunha que outra ocasión en balóns largos pero o rival tamén o fixo na nosa portería, afortunadamente fomos capaces de chegar ó descanso con ventaxa.
A idea para a segunda metade era clara, seguir serios en defensa e ser máis directos a hora de atacar para minimizar as perdas na salida do balón. Fomos quen de igualar as forzas tendo máis tempo a posesión de balón, o que nos permitiu non estar tan metidos atrás defendendo, froito disto as ocasións o noso favor foron chegando, e na primeira clara, Miguel na frontal da área cede en horizontal para Jonathan quen despois de controlar coloca o balón na mesma escadra, subindo así o 2-0 o marcador, esto sen dúbida foi un punto de inflexión xa que o rival notou o golpe e os nosos viñéronse arriba en busca da sentencia, así chegaron ocasións clarísimas sobre todo nos pes de Jonathan primeiro nun man a man co porteiro que manda fora, logo despois doutra deixada de Miguel non é capaz de rematar ca zurda e máis tarde logo de tocar en curto varias veces na área rival, non fomos quen de lograr o terceiro. Como soe pasar logo de perdoar, esto acábase pagando e nunha saída de balón o dianteiro rival rouballe a Marcos plantándose só ante Brais, o seu remate foise o pau pero o rexeite foi aproveitado por un compañeiro que establecía o 2 a 1. Quedaba un cuarto de hora para o final, e pese a que o partido debería de estar sentenciado tocaba sufrir, PARA VARIAR, pero o igual que na anterior xornada o equipo estivo moi serio consciente da gran oportunidade que tiñamos diante, e sabendo xogar co tempo de partido non sufrimos demasiado, salvo nos balóns colgados que atoparon rematador, pero non foron quen de marcar. Aínda nos tocou sufrir outro pouco cando no 86 o árbitro expulsou a Pablo nun saque de banda a favor por doble amonestación por perder tempo, entre isto e unha falta provocada por Jonathan fomos quen de acabar o partido en campo contrario e sen sufrir.
Terceira victoria consecutiva neste caso contra un rival da parte alta da clasificación, o que nos permite achegarnos un pouco máis os rivais que nos preceden na táboa, e coller confianza para seguir sumando, a próxima xornada tócanos un partido no que na primeira volta perdemos pero que desta volta non se pode escapar.