Campo da Angustia: Brais, Gusy, Parajó, Marcos, Church (Esteban 62), Joselu (Moreno 64), Moro, Sito (Grovas 47), Rivera, Miguel (Jose 69) e Jonathan (Santi 72).
San Pedro: Miguel, Iago, Gonzalo (Adrián 53), Alberto, Santiago, Sergio, Andrés, Rubén, David, Víctor e Carlos.
Goles: 1-0 Jonathan, 1-1 David, 2-1 Rivera, 3-1 Miguel, 4-1 Rivera e 4-2 Rubén.
Colexiado: José Vicente Fiel Torres. Amonestou polos visitantes a Alberto no 35 por xogar o balón ca man e a Santiago no 84 por zancadillear a un contrario. Polos nosos amonestou a Jonathan no 13, a Moro no 39 e a Marcos no 88 por Agarrar a un contrario, a Church no 57 por Zancadillear a un contrario, a Grovas no 81 por Retrasar a posta en xogo do balón e a Esteban no 89 por Non respetar a distancia reglamentaria nunha falta. Ademais expulsou con vermella directa a Victor do San Pedro e a Moro dos nosos no 44, o primeiro por entrar a Moro co xogo detido e a Moro por encararse verbal e físicamente con este.
Partido disputado a ultimísima hora da tarde no campo de Santa Isabel, que co retraso acumulado dos anteriores encontros o final comezou as 9 da noite, co campo en perfectas condicións. Empezamos o partido conscientes da importancia deste, por varios motivos, achegarnos a dous puntos na clasificación do noso rival e tentar subir algún posto na clasificación aproveitando o tropezo do San Lorenzo no partido disputado antes contra ata o entonces colista Inmaculada.
Nos primeiros minutos o encontro foi de tanteo, cos nosos tentando a presión en campo contrario, pero esta non era demasiado eficiente o que creaba problemas na nosa defensa. Aínda así, nunha xogada rápida os nosos plántanse na area rival e logo dun primeiro tiro rexeitado, Church manda o balón a cruceta e no terceiro intento Jonathan marca de cabeza o primeiro do encontro para poñernos por diante.
Pouco nos duraría a vantaxa, xa que non tardou moito o rival en nivelar o marcador, logo de volver a romper a presión foron quen de centrar dende a banda, sendo Brais capaz de rexeitar o primeiro remate, pero sen poder facer nada ante o segundo que supoñía o empate. A pesar disto non nos viñemos abaixo, algo que está a ser clave nas últimas victorias, e que antes nos pasaba moita factura. Co empate apretamos un pouco máis se cabe para intentar levarnos o partido, e isto tivo o seu froito nunha xogada na que Rivera cuhna volea ca zurda e case de espaldas a porta é quen de acadar o segundo. A partir daqui ata o descanso o encontro discurreu sen demasiadas oportunidades que destacar en ningunha das dúas porterías.
Pero no minuto 44 un xogador rival faille unha dura entrada a Moro estando o xogo detido logo de que o árbitro asubiara falta previa, e este encárase co rival o que provocou a expulsión de ambos. Daqui o final da primeira parte temos que salientar que por un momento quedamos con 8 xogadores sobre o campo, xa que o arbitro mandou fora a todos os que estaban sen espinilleras, a pesar disto aguantamos por diante no marcador.
A segunda parte presentábase con incertidume a como ían respostar os equipos a xogar con 10, nos nosos entrou Grovas por Sito nada máis iniciarse a segunda metade, para xogar no medio centro con Joselu ocupando o sitio de Moro e quedando o sistema nun simétrico 1-4-4-1. Saímos a segunda metade conscientes de que tiñamos que apretar se queríamos levarnos a victoria que era tan importante. Froito disto os 6 minutos da segunda metade tiñamos o partido prácticamente resolto, primeiro tras un roubo de Miguel na frontal da área rival froito da presión feita, que logo de regatear os dous rivais que lle saíron bateu o porteiro no man a man, e pouco despois nunha rápida contra Jonathan recibe un pouco adiantado do medio do campo e cede en profundidade para o desmarque de Rivera, quen ante a saída do porteiro bateo cunha fermosa vaselina. Con tres goles de diferenza tiñamos o partido na nosa man, o rival fixo un cambio cerrando con defensa de 3 para intentar levantar o partido e nos cerramos no medio do campo xa que estaban xogando con dous dianteiros e os balóns largos estaban a ser un perigo. Os minutos foron pasando e o rival creou algunha que outra ocasión de gol, pero sempre se atopou con Brais, que onte fixo varias intervencións de mérito, provocando que o partido non se nos complicara, nos nosos entraron os cambios para refrescar o equipo, pero co paso dos minutos cada vez durábanos menos o balón no noso poder o que nos foi metendo cada vez máis atrás, aínda así tivemos unha boa ocasión a contra en concretro Rivera, que tras regatear o porteiro quedou demasiado escorado e logo de intentar coller ángulo xa se topou con demasiados rivais. En defensa todos as ocasións foron ben resoltas ben pola zaga o en última instancia por Brais. Así faltando 2 minutos para o final encaixamos o segundo logo dunha falta lateral que é rematada a gol polo contrario sen ningún tipo de oposición, daqui o final aínda tivo o terceiro o San Pedro, xa que logo dunha ocasión Rivera intenta despexar pero como o balón ía dentro Brais ten que atallar sinalando cesión o colexiado, afortunadamente fomos quen de desbaratar a xogada e o partido acabou cun resultado cómodo.
Cuarta victoria consecutiva que nos permite mirar cara a parte media da táboa, aínda así este fin de semana espéranos unha dura dobre xornada contra 4º e 5º clasificados, non será sinxelo pero temos que aproveitar a inercia destos encontros para estar no partido e ser capaces de sacar algo positivo, antes de enfrentarnos a case todos os rivais da parte baixa da liga. A pena será perder a Moro e Jonathan por sanción para o venres, pero a plantilla nestes momentos está a respostar xa que onte houbo convocatoria e o venres esperemos poder completala.