Campo da Angustia 6 -- A Gracia 0
Campo da Angustia: Brais, Gusy, Parajó (Pablo 64), Moro, Esteban, Joselu, Grobas (Jose 66), Soci, Santi (Moreno 47), Miguel e Jonathan.
A Gracia: Oscar, Jose, Alejandro (Severino 46), Diego, Luis, Jose, Francisco, Diego (Carlos 62), Diego, Jose e Juan.
Goles: 1-0 Soci, 2-0 Grobas, 3-0 Moro, 4-0 Jonathan, 5-0 Moro e 6-0 Miguel.
Colexiado: Pablo Silva Hermida. Amonestou polos visitantes a Juan no 54 e Jose no 57 por protestar e a Severino no 74 por entrar no campo se o seu permiso. Polos nosos amonestou no 48 a Joselu por Agarrar a un contrario e a Brais no 42 por Retrasar a posta do balón en xogo. Expulsou polos nosos a Joselu no 82 por Decirlle a un adversario logo de sufrir unha falta "Me cago en tu puta madre". Polos visitantes expulsou a Iván no 55 por dirixirse ó árbitro así: "Tes unha cara de retrasado que non te lambes, Subnormal, Que eres subnormal", a Diego no 56 por dirixirse ó árbitro así: "Tonto, que eres tonto", o Adestrador no 56 por dirixirse ó árbitro así: "Tonto, que eres tonto, nos tes nin puta idea" e "Tonto, e despois quexámonos dos nenos de 16 anos que veñen pitar as Cancelas" e a Luis no 82 por dobre amonestación.
Partido disputado a primeirísima hora da tarde no campo das Cancelas nunha calurosa tarde. Éramos conscientes da dificultade do partido pola boa clasificación do rival e tamén polo correctivo que nos deran na primeira volta, así sabíamos que tiñamos que saír moi concentrados e cun alto nivel de intensidade para ter opcións, e así o fixemos. O partido comezou moi igualado, xogándose moito no medio do campo e con poucos achegamentos as áreas e todos os que existían eran pouco perigosos, sen poñer en apuros os porteiros. Así ía transcorrendo a primeira metade, ata que sobrepasada a media hora de xogo, nunha falta a favor, sen aparente perigo xa que era lonxana, foi votada por Esteban moi intelixente facendo que o balón votase xunto antes de chegar o porteiro, así o rexeite do mensmo foi aproveitado por Soci para establecer o un a cero. Daqui o final da primeira metade só hai que salientar outra xogada, esta vez foi na nosa contra, na que o árbitro pitou unha cesión de Gusy a Brais, a verdade é que a xogada era dubidosa xa que a pesar de que Gusy tenta despexar o balón sae moi manso e Brais atallabao, pero metendo a tódolos xogadores na liña de gol, Brais foi quen de rexeitar e a primeira metade acabou cunha mínima vantaxe.
A consigna para a segunda metade era clara, saír a apretar en campo rival ata que nos permitise o físico, tratando de marcar o segundo e encarrilar o partido e que o rival non se metese no partido. E a verdade e que foi exactamente así, o segundo chegou os 4 minutos logo dunha gran xogada de Soci que se vai pola liña de fondo cedendo o pase da morte a Grobas para que este empuxase a gol, e o terceiro chegou os 10 minutos, nunha boa xogada de Jonathan que dende a liña de fondo cede rasa a Moro para que na súa entrada dende a segunda liña acade o gol. Logo desde gol, o rival quedou con 2 xogadores menos e o partido quedou decidido con 3 goles de renta e xogando 11 contra 9. O partido baixou moito a intensidade, e foron chegando máis goles, o cuarto nunha chegada de Jonathan pola dereita que acada o gol logo dun tiro cruzado e o quinto nunha fermosa vaselina de Moro que se colou por toda a escadra. Antes de que chegara o sexto, coma sempre e pese a xogar contra 9 concedimos ocasións de gol, a máis clara foi un penalty en contra que Brais foi quen de atallar, así pouco despois chegaba o sexto e definitivo, logo dun mal saque do porteiro rival, Miguel chega e dende fora da área e cun tiro bombeado lograba o gol. Pouco máis que salientar daqui o final, salvo unha doble expulsión na que viu o cartón vermello directo por insultar o rival e este o segundo amarelo pola dura entrada.
Conseguimos así tres importantes puntos, que nos permiten soñar con sobrepasar os 50, algo impensable fai un tempo, aínda que seguro que será moi difícil, nas 4 xornadas que nos quedan xogamos contra equipos que están por debaixo nosa na clasificación, o peor do encontro é que perderemos a Joselu para os dous próximos partidos, un pola vermella e outro por acumulación de amonestacións. Temos que seguir nesta liña de confianza e intensidade a ver se somos quen de superar a marca de 5 victorias consecutivas acabando a tempada con 6.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
