Trofeo de A Gracia
Nun dos días máis calurosos do ano disputábase o noso primeiro encontro amigábel da tempada, contra A Gracia, equipo que temos que agradecerlles que nos invitasen o seu torneo. O noso equipo andaba corto de efectivos debido a temas laborales e vacacionais, pero aínda así xuntamos 12 xogadores para o encontro.
O partido comezou cun equipo local un pouco dubitativo, e os nosos intentando tocalo balón e intentar crear perigo en xogadas combinativas, pero o primeiro tanto a nosa prol foi gracias a unha falta ejecutada por Sito directamente a porta, e o pelota colouse entre o longueiro e a man do gardamaias. Poucos minutos despois, e outra vez gracias a Sito lograbamos o segundo tanto, gracias a unha bolea dende fora da area. Ata aquí chegounos a gasolina. A Gracia fíxose co control do encontro, e os nosos parecían perseguer sombras polo campo, nestes intres a fortuna acompañounos, xa que despois de que recurtasen distancias nunha pena máxima, tres disparos dos anfitrións petaraon en sendos paos.
Tras un descanso ben merecido polo calor abafante comezaba a segunda metado do encontro, no cal intentamos defendernos e sair as contras. O encontro estaba sendo dominado claramente pola Gracia, pero ainda así seguimos loitando a pesar de que pusexen as táboas no marcador, e gracias a esto chegamos co definitivo 2-2 o remate do encontro.
A tanda de penaltis decidiría o campeón, e tras unha longuísima rolda de tiros conseguíamos o trofeo tras Martín atallar dous penaltis, cun definitivo 7-8 (creo).

| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| trofeo-de-a-gracia.jpg | 53.3 KB |
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
