Xornada 10: Campo da Angustia 2 – San Pedro 5
San Pedro: Miguel, Iago (Jorge 61), Mariano, David, Santiago, Jorge, David (Gonzalo 71), Diego, Daniel, Alberto y Carlos. Goles: 1-0 Sito, 1-1 xxx, 1-2 xxx, 1-3 xxx, 2-3 Jonathan, 2-4 xxx e 2-5 xxx. Colexiado: José Luis Pita Rey. Amonestou polos visitantes a David no 56 e a Santiago no 60 por Zancadillear a un contrario. Polos nosos Amonestou a Moro no 14 por Agarrar a un contrario e expulsou a Rivera por dobre amonestación, a 1ª no 26 por Agarrar e a 2ª no 33 por Tocar coa man. Expulsou a Esteban por dobre amonestación, a 1ª no 63 por Tocar coa man e a 2ª no 86 por non esperar a que pitase para sacar unha falta. Partido disputado no campo de Santa Isabel o domingo as 7:30 horas da tarde. Comezaron ben os nosos xa que os 2 minutos xa estábamos por diante no marcador gracis a unha internada pola banda de Soci, quen da o pase da morte para que Sito suba o primeiro o marcador. Nestos 5 primeiros minutos fixemos as cousas ben, presionando moito a saída do balón do rival, o que provocada a rápida recuperación do balón. Pero a partir deste momento a intensiadade baixou e isto notouse no resultado, xa que o cuarto de hora xa iamos por debaixo no marcador, logo dunha boa xogada individual do seu dianteiro e dunha falta tirada o largueiro pero aproveitándose do rexeite. O partido a partir de entón seguiu igual, o San Pedro moi cómodo no terreo de xogo e creando ocasións, o terceiro chegaría tras un saque de esquina que non somos capaces de despexar, enganchando unha semivolea o rival e acadando o gol, pero as cousas aínda se puxeron peor cando non 33 quedamos con 10 xogadores logo da expulsión de Rivera por dobre amonestación, esto propiciou pouco máis tarde un cambio de xogadores e de esquema, entrando Gusy por Pablo para cerrar con defensa de 3, así chegouse o descanso. Na segunda metade a actitude foi mellor, xa que pese a estar con un xogador menos, fomos claramente superiores o rival, creando ocasións e sen que eles creasen peligro, froito disto chegou o segundo gol, logo dunha falta ben tirado por Sito, no que o porteiro non é quen de quedar co balón e aproveitando o rechace Jonathan para apretar ao marcador, pero cando mellor estábamos e críamos na remontada, pero unha desafortunada xogada na que un despexe dende o medio campo sorprende a Brais no bote, e o superou por encima, supuxo un mazazo moi grande, e pese a que o equipo o seguiu intentando, xa non quedaban demasiadas forzas nin ánimos. O quinto gol do rival chegaría logo dunha contra o final do partido, cando xa estábamos a xogar con 9 homes logo da expulsión de Esteban tamén por dobre amonestación.Campo da Angustia: Brais, Pablo (Gusy 40), Parajó, Rivera, Church (Esteban 61), Joselu (Miguel 55), Moro, Sito, Chema (Jonathan 52), Soci (Moreno 65) y Grobas.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
