Xornada 13: Victoria 3 - Campo da Angustia 5
Victoria: Victor Manuel, Dario Manuel, David (Alberto 46), Goriz Andres, Miguel, David, Jacobo, Diego, Marcos, Marcos (Raul 55) e Hugo (David 60).
Goles: 1-0 Marcos, 2-0 Marcos, 2-1 Chema, 3-1 Marcos, 3-2 Chema, 3-3 Rivera, 3-4 Miguel e 3-5 Marcos.
Jose Manuel Vázquez Otero. Amonestou polos locais a Miguel no 65 e a Victor Manuel no 80 por Protestar, e a Dario Manuel no 80 por Zancadillear a un contrario. Polos nosos Amonestou a Parajó no 35 e a Rivera no 76 por Zancadillear a un contrario e a Aguilar no 80 e Brais no 85 por Protestar.
Partido disputado as 4 da tarde no campo de Marrozos, no que o terreo de xogo non estaba nas mellores condicións para xogar. Comezamos o partido coa clara intención de conseguir os 3 puntos, xa que eran moi necesarios. Esto notouse dende o primeiro momento, con un gran presión sobre o equipo rival, o que nos permitía crear ocasións aínda que estas non eran moi claras, pero a pesar disto o rival gañounos dúas veces a espalda da defensa e aínda que no primeiro man á man mandaron o balón fora, no segundo logo dunha indesión da denfensa o seu dianteiro non desaproveitou a ocasións para subir o primeiro tanto. O equipo seguiu ca mesma intención pero pouco despois chegaría outro mazazo, logo dunha contra un rival tira dende fora da área colándose o balón cerca da escadra. Poñíase así o partido moi costa arriba, pero o equipo era consciente de que este partido era moi importante, seguiuno intentando creando moitas ocasións, convertindo o porteiro visitante no seu mellor xogador, ben curtando os pases que superaban a súa defensa en velocidade ou ben sacando boas máns, como a unha falta moi ben votada por moro o a varios tiros ben execudatos, pero chegada a media hora, un dos moitos pases que fixemos en profundidade foi aproveitado por Chema adiantándose a saída do porteiro e batendoo dende fora da área. Este tanto metíanos definitivamente no partido e seguímolo intentando ata o descanso pero sen alcanzar premio algún.
No descanso todos éramos conscientes de que podíamos gañar o partido, sempre e cando aproveitáramos as ocasións e fóxemos máis contundentes atrás. Pero nada máis reiniciarse a segunda parte, nunha xogada de ataque rival tiran o pau, e un dos seus xogadores en máis que probable fora de xogo, aproveita o rexeite para asistir a un compañeiro que poñía o terceiro. Parecía que o partido se podía escapar, pero non foi así xa que logo de realizar os cambios, o equipo veuse claramente arriba e en pouco máis de 15 minutos íamoslle dar a volta o marcador, primeiro aproveitando Chema un man a man co porteiro logo de partir dunha posición posiblemente antireglamentaria, pouco despois Rivera acadaba o empate logo de definir cunha gran vaselina de volea dentro da área, o cuarto chegaría logo dunha entrada de Miguel por banda dereita que no seu intento de centrar o segundo pau, marcou un golazo de vaselina preto da escadra, era o minuto 27 e logo de remontar 2 goles en contra estábamos por diante no marcador. A partir de este momento o equipo soubo xogar co marcador a favor, logo do gran esforzo realizado, e pese a que non renunciamos ó ataque, o partido trabouse con bastantes faltas, o que era aproveitado polos nosos para arañar tempo, neste tempo apenas pasamos apuros en defensa, e seguimos creando ocasións en ataque ata que no 90 unha contra é aproveitada dando Chema o pase da morte a Marcos que este aproveita para marcar a porta valeira.
Partido no que fomos claramente superiores o rival, pero no que a nosa falta de acerto en ataque e grandes fallos defensimos nos fixo sufrir ata o final para acadar a victoria, pese a isto o final o equipo pudo acadar a 3ª victoria da tempada, nas que curiosamente en todas marcamos 5 goles. Esperemos que a próxima chegue na seguinte xornada, para poder encadear unha boa racha de resultados.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
