Xornada 2: Campo da Angustia 2 - Vista Alegre 3
Campo da Angustia: Brais, Pablo, Gusy, Parajó, Esteban, Moreno, Moro, Santi (Marcos 48), Sito (Chema 65), Soci e Jose (Grobas 55).
Vista Alegre: Javier Alonso, David Iglesias, David Gigirey (Pablo Romero 55), Juan Gasamans, Victor Gil, Sergio Vázquez, Gonzalo Calvo, Ivan Calvo, Jose Pose (Diego Arceo 51), Ivan Naveira e David Lorenzo (Jose Pereira 66).
Goles: 0-1 Jose Pose min. 8. 1-1 Sito min. 13. 1-2 Iván Calvo min. 50. 1-3 José Pereira min. 88. 2-3 Marcos min. 93.
Colexiado: Eusebio Rodríguez Rodríguez. Amonestou polo Vista Alegre a Victor Gil no 60 por Zancadillear a un contrario, Sergio Vázquez no 88 por protestar e a José Pereira no 88 por sacala camiseta. Polos nosos Amonestou a Pablo no 85 por Agarrar a un contrario e expulsou a Moreno por dobre amonestación no minuto 83.
Crónica: segundo partido do Angustia, esta vez coma local, contra un duro rival, o equipo Vista Alegre, que contaba con numerosos reforzos para afrontar esta nova tempada.
O partido comezou co Vista Alegre buscando as costas dos defensas do Angustia con pases largos, creando situacións perigosas que deixaban ós seus dianteiros fronte a Brais, que pouco puido facer no primeiro gol no que se atopou cun un contra un co dianteiro rival.
A reacción do Angustia tardou pouco en facerse notar, cunha defensa máis activa que, presionando no medio do campo, conseguiu parar a facilidade de xogo que tiña o Vista Alegre. Esta presión deu resultado 5 minutos máis tarde co gol de Sito de falta directa, que entrou colocado ó longueiro e con moito efecto.
O partido continuou bastante igualado ata o descanso, aínda que á volta o Vista Alegre anotou un tanto en disparo dende a frontal da área. O Vista Alegre defendeu a súa ventaxa con efectividade, e coma resultado da orientación ofensiva do Angustia conseguiu crear novas ocasións de gol, que aproveitaban a descolocación da defensa. Froito desde desaxuste defensivo viuse expulsado Moreno ó cortar unha xogada de ataque en contragolpe e recibir o segundo cartón amarelo.
Co Angustia volcado en ataque, o Vista Alegre anotou un tercer tanto nun contragolpe, e o Angustia só conseguiu recortar distancias cun tanto de penalti antes do final, deixando no marcador un 3-2 que resalta a loita que se deu no campo.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
